jueves, 1 de septiembre de 2011

ASAMBLEA XERAL

ASAMBLEA XERAL DE PAIS/NAIS. DÍA 9 DE SETEMBRO ÁS 21:00h.
A xunta directiva da E.D. Val do Ulla, convócao a ASAMBLES XERAL DE PAIS E NAIS, a celebrar:

LUGAR: Casa Cultural de Sta. Cruz de Ribadulla
DÍA: Venres, 9 de setembro de 2011
HORA: 21:00h

ORDE DO DÍA

1. Informe xeral de actividades que se realizarán esta tempada 2011/12.
2. Información sobre as cotas.
3. Estado de contas da tempada 2010/11.
4. Rogos e preguntas

Rogamos insistentemente a máxima participación, dada a importancia dos temas a tratar nesta asamblea para o bo funcionamento da tempada e da escola deportiva.

domingo, 26 de junio de 2011

CAMPIONS!!!

Color del texto
EDV 2 - NEGREIRA 0Ledicia desbordada en Sta. Isabel logo dun partido nos que os de Alfonso bordaron o FÚTBOL. Nun longo partido a causa do extremado calor con varias interrupcións para hidratarse, os da ULLA fixeron ese fútbol de toque e combinación, recibindo grandes ovacións da ateigada bancada.

O partido foi dunha soa cor, control total da pelota polos da Ulla e con unha presencia do centro do campo soberbia, en defensa con moito oficio e sen concesións, no ataque as moitas ocasións facían prever un desenlace positivo, como así foi. Logo de unha logo combinación Alex fai o primeiro, e no lanzamento de unha falta de xeito maxistral Juanin fai o segundo e definitivo.

A asistencia masiva de publico, e a comunión total co equipo, foi o que levou en volandas os chavles para que acadaran este gran logro para a Escola. Asiste tamén o Alcalde de Vedra Don Carlos Carrillo que fixo entrega da Copa o Capi Óscar Parada.
Recordar tamén que o Capitán Cristian sufriu na grada coma nunca, pero tivo a recompensa de que o remate todo o equipo lle ofreceu a Copa.

como é de supoñer a celebración foi longa e merecida, a rabia contida logo das ultimas inxustizas fixo desbordar tódalas emocións por parte de todos xogadores, corpo técnico, publico etc.

Mención especial a todos os do NEGREIRA, dignos rivais e fenomenais persoas, ánimos a todos que que o futuro veña cargado de éxitos.

E como non lembrar ó GRANDÍSIMO artífice de todo isto como non o adestrador ALFONSO SANCHEZ MIGUEZ, parabéns e sorte no camiño que o futuro che depare.


domingo, 19 de junio de 2011

ESTAMOS NA FINAL!!!

ROIS 0 - EDV 3 * gloval 6-2 pasa EDV


Partido de unha so cor, o Rois púxolle vontade e pundonor pero non foron quen de crear perigo, os de Alfonso una vez que fixeron o primeiro asentaron o xogo, e aínda que este non foi o vistoso o que nos ten acostumados foi practico e sen apenas erros.

Desatacar a participación dos infantís convocados, que xogaron todos con gran protagonismo, en especial Juanin que marcou un fermoso gol.

PARABÉNS A TODOS. VÉMONOS EN SANTA ISABEL.

O PARTIDO SERÁ O SABADO AS 18:00

lunes, 13 de junio de 2011

TOQUE TOQUE

EDV 3 - ROIS 2

Antes de nada hai que mencionar e de xeito moi especial o equipo INFANTIL da Escola que ascende a LIGA GALEGA, por primeira vez na curta pero intensa vida da EDV. PARABÉNS CHAVALES, lembrar tamén que JORGE TOJO é o adestrador destes chavales, gran coprotagonista deste éxito.

Con respecto a semifinal da copa, dicir que foi solventado e con éxito este partido cheo de novidades polas ausencias obrigadas. Tres goles de xogadores non habituais na faceta do gol coma Raul, Alex e Kike, que con gran clase marcaron tres golazos. Foi un partido de toque con fermosas combinacións e longas xogadas.

Para ver noticia en El Correo Galleo: PINCHA AQUI.

lunes, 6 de junio de 2011

COPA "A UN PASO"


O Rois ultimo paso para chegar a final. O Rois remata a liga como sexto no Gr.7 de Segunda, ven de eliminar na quenda de penaltis os do Peleteiro, sen dubida un dos grandes da COPA, o partido de ida será este Domingo no Coto as 10:30 H, o outro finalista saira da eliminatoria ente DUBRA e NEGREIRA.

domingo, 5 de junio de 2011

CARA E CRUZ

FASE, OLIMPICO 0 - EDV 0 (1 - 1 GLOBAL PASA O OLIMPICO)
COPA, ABANQUEIRO 1 - EDV 2 (3 -1 GLOBAL PASA EDV)

A CRUZ, esta fin de semana foi canto menos decepciónate no que as arbitraxes se refire. En Coruña padecemos a peor arbitraxe no tempo que levo acompañando os chavales polos campos de xogo, a priori debería ser un partido de fácil manexo pois o colexiado era de 3ª División, pero foi todo o contrario, aplicou mal o regulamento, cortou o xogo tanto como lle foi posible, enfrontouse o publico ata o extremo de instar o delegado de campo a desaloxar parte do perímetro exterior coa ameaza de suspender o encontro (feito que se viu obrigado polo delegado federativo a corrixir na segunda metade, que o desautorizou e permitiu o publico a ocupar as posición desaloxadas). Pero isto non seria o peor, que chegou con unha particular interpretación do asistente que entendeu como insulto as verbas de un xogador do Val do Ulla, e a instancias dun sector do publico obrigou o Colexiado ............. a este, feitos que relataría na ACTA do partido con unha prosa moi novelesca, do mesmo xeito relatou outros feitos acontecidos no partido que por certo el se encargou de esnaquizar ata o punto de avergonzar os propios pais, directivos e xogadores locais. A redacción foi tan insultante e chulesca que incluso seria de remitir a fiscalía de menores por si fose constitutiva de delito, xa que dela se desprenden ameazas e vexacións a menores de idade. Pero a recompensa foi ver abrazados os xogadores de ambos conxuntos desexándose sorte no futuro e fundidos nunha ovación adicada os que alí nos encontrábamos animando.
Do ancontecido desprendese que as arbitraxes no entorno de A Coruña seguen a ser a gran lacra do fútbol no norte de Galicia, ¡QUE PENA!.

A CARA, tivo lugar en Abanqueiro onde nos clasificamos para a seguinte rolda da copa eliminando a un gran equipo, flamante vencedor da edición do pasado ano.

jueves, 2 de junio de 2011

martes, 31 de mayo de 2011

QUE GRANDES!!!

EDV 1 - OLIMPICO 1
Que grandes son estes chavales, o partido que veñen de empatar foi sen ningunha dubida o mellor da tempada.
Estiveron soberbios en tódalas liñas tanto en punta na media e por suposto en defensa, o empate con fortuna pódese considerar un accidente, porque o fútbol que puxeron de riba do terreo de xogo foi de moito mérito. O rival ordenado con moito oficio e gran poderío físico non foron quen de sorprender os de Alfonso no arreón inicial, e cando os Cadetes tomaron o mando non o soltaron ate o final.

PASO A PASO NA COPA

EDV 1 - ABANQUIRO 0

Pasiño a pasiño na copa, seguro que non foi o mellor dos partidos este que disputaron os CADETES, pero o resultado e bo para afrontar a volta o vindeiro domingo.