martes, 29 de septiembre de 2009

domingo, 27 de septiembre de 2009

SEGUIMOS MELLORANDO

Continua a progresión no estilo de xogo, pero seguimos a dar moitos agasallos o rival. Agardemos que esta situación sexa pasaxeira.

Polo que respecta o partido que nos enfrontou o Villestro, estivemos moi ben en xeral, tras encaixar un gol de estratexia nun corner nos primeiros minutos o equipo asentouse no campo e chegou a remontada, logo dunha fenomenal xogada pola banda dereita e remate de David Pernas, e o transformar Cris o penalti sufrido por Robin tras de un rápido contraataque por banda esquerda. Despois da reanudación chegou a xogada do agasallo nun desafortunado despexe de Furelos, que logo de pegar nas costas do dianteiro entra na porta para converterse no 2 á 2. O terceiro chegou de remate de cabeza nun corner botado por Parada e rematado por Martín, o empate definitivo chegaría de falta con fortuna.
Hai que resinar que non nos fixeron ningún gol de xogada, que sacando os primeiros minutos, tivemos control case total dos tempos e do xogo, destacar a hora do encontro 16:30 con 32º. Dicir que os lesionados incorporáronse o xogo con normalidade e moi bo rendemento. O vindeiro partido será en Oleiros de Ribeira.

domingo, 20 de septiembre de 2009

BO FUTBOL...




FÚTBOL DE TOQUE, LONGAS POSESIÓNS E RECUPERACIÓNS METEÓRICAS NON FORON SUFICIENTES PARA TRAER OS TRES PUNTOS.

A falta de competición e un par de erros defensivos, deron o traste cunha primeira metade que facía pensar en goleada, cun contundente 0 á 2 a favor fomos o vestiario, pero en dúas xogadas desafortunadas na liña defensiva, deron un excesivo premio os locais o acadar un empate a 3 goles a todas luces inmerecido.


AGARDAR CORRIXIR ESTES PEQUENOS DESAXUSTES, E DE SEGURO QUE POR XOGO, AS VITORIAS NON HAN TARDAR EN CHEGAR

Dicir que destaca o fenomenal estado de forma no que se atopa TIN, que tivo que ser susutituído por lesión apenas se gastara un cuarto de hora, importante tamén a participación das novas incorporacións PIQUÉ (Edgar) e ROBIN. Destacar tamén o pundonor de CRIS, coma sempre tan activo e voluntarioso. Así coma JUANIN polas duas asistencias de gol, un CRACK.

Mandamos ánimos de parte do plantel e do corpo técnico os lesionados PERNAS é KIKE, que se están a recuperar favorablemente das súas fracturas en sendos dedos de pé e man.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

BOA SORTE, AMIGO.


Os nosos mellores desexos para o amigo PUYOL (Alberto), que deixa a EDV, para fichar por un dos grandes e históricos do fútbol galego como é o PONTEVEDRA, déixanos para xogar na División de Honra. No día de onte pasou polas instalacións do Coto para despedirse dos vellos compañeiros, recibindo o agarimo destes e dos adestradores.

O DITO, QUE O TEU PASO POLO PONTEVEDRA C.F. SEXA UN SOÑO CUMPRIDO PARA TI.

BO PARTIDO...

Este pasado domingo os cadetes da EDV despregaron un xogo de gran nivel, e foron quen de derrotar a un voluntarioso Nicrariense, compre destacar a enorme implicación de todo o equipo que apesares do calor non deu mostras de fraqueza, e sen facer alarde de un gran desgaste físico fixeron correr a pelota e o contrario, con posesións longas e toque corto.

jueves, 3 de septiembre de 2009

EN MARCHA...

A nova tempada xa esta en marcha, tras empatar 1 a1 no primeiro adestramento, é perder pola mínima no segundo 1 a 2, fronte o La Salle de Santiago. Este domingo dia 6 recibiremos no Coto o Nicrariense de Negreira, a 15 dias do primeiro encontro de liga, un aperitivo para abrir "boca de liga". Agardamos ver un bo espectáculo, preámbulo do que se nos aveciña a partires do 20 de Setembro