domingo, 25 de octubre de 2009

FUTBOL ESPECTACULO.


EDV 4 - ABANQUERO 1

De "CINE" este partido tivo momentos de verdadeiro espectáculo. Cando estes chavales poñen valor as ensinanzas que ALFONSO SANCHEZ lles adestra, parecen doutra liga. Para mostra as xogadas do primeiro gol con pase as costas da defensa, e gol en tres toques, ou o do cuarto, triangulación de banda a banda e centro con remate en plancha e golazao pola escuadra, como diría o malogrado Andrés Montes, "TIKI TAKA".


En canto o desenrolo do encontro, non foi un partido fácil como podía pensarse o ver o resultado final. Moito traballo en cento do campo e de contención, o Abanqueiro presionaba moi arriba na primeira metade e obrigou o equipo a sacar en largo, na segunda metade o partido mudou un pouco polo resultado e tivemos mais control de balón e dos tempos no xogo. Hai que destacar sen dubida a enorme entrega de KIKE, o pundonor de ROBIN e coma sempre a incansable labor de CRIS. Sen fallos destacables en defensa e con un gol so en contra en claro fora de xogo nunha desafortunada contra a saída dun corner. Jordan fixo o seu primeiro gol e a pares o igual que Robin que fixo o outro par.

PARA VER OS VIDEOS DO PARTIDO: PINCHA.
CORTESIA DE MANUEL REY (PERNAS)

martes, 20 de octubre de 2009

SABADO 24 DE OUTUBRO

O PARTIDO DA FIN DE SEMANA ADIANTASE O SABADO.
E.D. VAL DO ULLA – ABANQUEIRO 24/10/09 16.00 O COTO
E O VINDEIRO ENCONTRO SERA O DIA 1
BODEGON ARZUA – E.D. VAL DO ULLA 01/11/09 12.45 AS CANCELAS

domingo, 18 de octubre de 2009

EMPATE CON SABOR...


...Empate con sabor a vitoria. Os cadetes veñen de acadar un valioso punto nun campo difícil, con gran desgaste físico e sufrimento, un Boiro ben plantado en tódalas liñas puxo moi costa arriba o acadar algo positivo no día de hoxe, pero os chavales non se viñeron a baixo e con un bo segundo tempo foron quen de conseguir algo mais, se ben hai que dicilo os de Boiro tiveron a mellor das ocasións cun balón o pau.

Semella que as táboas foron xustas.

miércoles, 14 de octubre de 2009

lunes, 12 de octubre de 2009

ENCHUFADOS...

EDV 3 - ORDES 0

Enchufados dende o quecemento, o equipo este Domingo estibo moi centrado e xogando coma un bloque dende o porteiro ate o mais adiantado. Quizais pecando algo da xenialidade de un CRACK como e Cris, pero en todo caso enchufou dous dos tres, e un deles de gran beleza. Destacar o gol de Juanín que abría o marcador, un GOLAZO, froito da maxia das botas de Parada, gran asistencia.

Fieis o estilo de xogo impreso por Alfonso Sanchez, esqueceron que diante estaba todo un Ordes de grandes xogadores, por calidade e tamaño, e xogaron o toque con profundidade por banda, tanto con Javi e Robin coma pola de Parada e Jordan. O cento do campo estibo moi ben en recuperación e en ataque sendo Cris un pesadelo para a zaga do Ordes. A nosa zaga estibo moi correcta, sen sobresaltos. E mais que probable que no vindeiro partido se estreen varias cousas, entre elas as novas incorporacións.



COLABORACION DE JAVI:
Agora falando doutra cousa, os lectores asiduos as esporádicas por non dicir moi ocasionales entradas do antigo blog: http://valdoullacadetes.blogspot.com/

Poden dar fe da miña costume de comezar as crónicas dos partidos cunha canción que resumira o pasado nel.

Xa que manolo me pediu que colaborara co blog ocorreuseme que desde aquí, desde a tribuna de comentaristas podería facer 1 referencia musical do partido en cuestión.

A primeira non me se me ocorreu facilmente pero aquí está:


É a canción do grupo inglés Oasis pertencente ao seu disco ''What's the story (Morning Glory)'' ''Don't look back in anger '' que ven a ser algo así como ''non mires atrás con rencor/tristeza''.

Así que eso é o que temos que facer; a partir de agora continuar en liña ascendente e comezar a sumar de tres en tres.

miércoles, 7 de octubre de 2009

lunes, 5 de octubre de 2009

!!!!!!!!!!!

Antes de nada creo que debemos reflexionar, sobre que papel temos que xogar os pais nun partido difícil coma o disputado en Oleiros de Ribeira. O meu parecer debemos desculparnos ante os nosos fillos por tentar de axudalos caendo na provocación, e non animando como deberiamos ter feito. Xa sabemos que e difícil ver o teu fillo tirado no campo tragando barro, logo de ser golpeado antideportivamente é quedar quedo. Eu son o primeiro que debo tentar de pechar a boca, xa que se me quentou se cadra sen motivo, máxime cando nos temos un adestrador que trata sempre de respectar o rival por enriba de todo, e temos que recoñecer que o mellor este Domingo non estibemos a altura.

DITO O ANTERIOR.
Este partido foi un cúmulo de contrariedades, un campo irregular, estreito, mal medido, ademais de encharcado (cousa do tempo igual para todos) e onde sufrimos a peor arbitraxe con diferencia de cantas temos padecido.
Se descontamos as contrariedades debemos sacar en claro que foi un partido moi serio en defensa, con gran firmeza e convicción, ben traballado no medio campo con profundidade por banda, e pouco froito ofensivo, cecais pola extremada dureza da defensa, con permiso do trencilla. A cousa non estaba para o estilo de xogo dos Cadetes, e tiveron que xogar directo a maior parte do encontro, aínda así tivemos o control dos tempos, e do pouco que se podía ter a pelota. O primeiro gol local chegou dun pelotazo que se envelenou, no final da primeira metade, tras a reanudación empatamos logo de botar unha falta e rematar en area pequena Robin, que entrou no segundo tempo, faltando tres minutos nun despexe de mala fortuna a pelota rematou no fondo da rede pa converterse no 2 a 1 final.