viernes, 26 de febrero de 2010

SUSPENSIÓN TOTAL DA XORNADA DO 27 DE FEBREIRO

Ante alerta vermella decretada para toda Galicia na xornada do sábado día 27 do presente mes a Federación Galega de Fútbol suspende toda clase de actividade deportiva programada para esa data.
Fonte: Federación Galega de Fútbol.
Mais información e www.112galicia.org

CONSELLOS Á POBOACIÓN ANTE O FENÓMENO METEOROLÓXICO ADVERSO PREVISTO PARA A FIN DE SEMANA EN GALICIA
A Xunta de Galicia informa dun episodio meteorolóxico adverso na
Comunidade para o día de mañá e a madrugada de domingo, deixando a
Galicia en alerta vermella por ventos extremos, polo que se recomenda:
- evitar os desprazamentos e as actividades no exterior
- no caso de desprazamentos inaprazables, extremar as precaucións
polo vento e posibles obstáculos nas vías. Se ten que abandonar o
coche, procure deixalo a resgardo do vento e ben inmobilizado e
sinalizado. Antes de viaxar, informarase do estado das estradas.
- non aproximarse á costa
- retirar ou asegurar os elementos que podan ser desprendidos polo
vento, así como portas e fiestras
- non aproximarse a zonas arboradas ou onde se podan desprender
obxectos, especialmente muros, edificacións ruinosas ou carteis
publicitarios
- estar preparados ante a posibilidade de cortes no subministro eléctrico
- utilizar o teléfono só en casos de urxencia para evitar a saturación das
liñas
- no caso de avarías ou cese no subministro eléctrico ou telefónico
poñerse en contacto co número de avarías da súa compañía
subministradora
- estar atentos aos medios de comunicación e seguir as indicacións das
autoridades

domingo, 21 de febrero de 2010

RESULTADO ESPERADO

EDV 8 - PEÑA BODEGON ARZUA 1

Aínda que o resultado foi o agardado, non deixa de ter mérito porque os do Bodegón Arzúa fixeron un mais que meritorio primeiro tempo, e acadaron un gol de gran plasticidade con palomita de Diego incluída. Sen embargo a diferencia no físico notouse na segunda metade, estes non foron quen de parar o poderío ofensivo da escadra de Alfonso, que sempre co máximo respecto polo rival e estrelando varios remates no porteiro foron quen de converter 8 dianas.

Este partido deixounos detalles moi de agradecer como foron a maioría dos goles, incluído o do Bodegón, Kike e Parada marcaron o seu primeiro gol nesta liga, Pernas enchufou un golazo de cabeza, Javi fixo un gol de mérito logo de unha xogada persoal. Agora descansamos unha xornada polos axustes e a recuperan forzas que isto segue...

miércoles, 17 de febrero de 2010

MAL PARTIDO

ABANQUEIRO 4 - EDV 0

Partido para esquecer, sen dubida os do Abanqueiro logo de facer o primeiro gol, afogaron o xogo dos da Ulla, non deixando circular a pelota e presionando con moita intensidade. Os de Alfonso nótaselle que son un equipo moi mozo cun prometedor futuro, polo que temos que ter paciencia, xogando como xogan os resultados positivos non han de tardar en chagar.

Os equipos coma o noso formado por xogadores de diferentes lugares, tan dispares coma Santiago, Bandeira e Ourense, ou non tanto como Rivadulla, Sarandon ou Lestedo, teñen unha dificultade engadida, que e o de que os xogadores precisan do seus maiores para acudir os adestramentos, e estes nun alarde de solidaridade e sacrificio, polos compromisos adquiridos co Club e cos seus fillos un dia tras outro, acheganos o campo coa ilusión de que se formen como deportistas e persoas con valores, coma a puntualidade, a solidaridade, e o sacrificio. Así que un DEZ a tódolos que confiades e apoiades este proxecto.


Animo e a seguir adestrando coas mesmas gañas e forza.

martes, 9 de febrero de 2010

NOVA WEB


A Federacion Galega de Futbol ven de estrear unha remozada web mais dinámica e actual. Se queres podes pinchar no enlace ou aquí.

domingo, 7 de febrero de 2010

MALA SORTE

EDV 2 - BOIRO 3

Mala sorte a que tivemos este Domingo, logo de remontar e igualar un 0 à 2, Jordan estrela dous balóns contra o porteiro nun arrebato de mala sorte, e de seguido marcan o 2 à 3 definitivo nos derradeiros minutos, sen marxe de manobra.


Este partido non foi fácil, de inicio as baixas por diferentes cuestións debilitaban a priori o equipo, pero este conxunto medrase ante as dificultades, e pódese dicir que a pesar do resultado "algo enganoso" foi un dos mellores encontros dos disputados este ano no Coto. Un once moi mozo con moitos infantís, un equipo de futuro que o deu todo acadando un empate moi merecido, que non se traduciu en vitoria por un exceso de mala sorte. O equipo estivo moi ben en tódalas liñas, iniciando o xogo dende atrás e tratando de manter o carácter dos CADETES. So queda felicitar o Boiro por xogar e deixar xogar.

lunes, 1 de febrero de 2010

DIA MALO!!!

ORDES 5 - EDV 1

Un mal dia din que o teñen ata os profesionais. Podemos dicir que non foi un dos mellores partidos dos cadetes da EDV, pero ten que quedar en anécdota, xa que a vindeira semana a liga continua, e hai que erguer os ánimos e encarar de fronte as adversidades.

En canto o partido comentar que tivo dúas fases ben distintas, aínda que nunca lle perderon a cara o encontro pesaron en demasía os dous goles encaixados nos primeiros minutos. Cos cambios o equipo foi moito mais equilibrado, e seguindo fieis o estilo dos cadetes tentaron de facer o seu fútbol. Hai que felicitar os do Ordes que o cortes non quita o valente, nora boa chavales.