lunes, 31 de mayo de 2010

IMPONSE O FUTBOL...

EDV 3 - X. OROSO 2


Fenomenal encontro o disputado polos de Alfonso este sábado no Coto. Remontaron un 0 a 2 con un fútbol de gran calidade, a verdade e que se comparaban cun rival forte vencedor da súa liga e con un enorme poderío físico, víronse obrigados a facer un gran desgaste para poder contrarestar o marcador en contra, pero estes chavales cando poñen en practica ese fútbol que coñecen, son moi efectivos e non precisan de moitas chegadas para facer gol. Tres fermosas chegadas o area precedidas de xogadas de toque remataron en tres dianas dúas de Jordan, e unha de Juan que cazou un fenomenal centro Javi logo de unha longa xogada de equipo.

domingo, 23 de mayo de 2010

TRAMITE CUMPLIDO

CRUCES 3 - EDV 2

Un partido que so parecía de tramite, complicouse coa devolución do mesmo, os das Cruces non o deron por perdida a eliminatoria, e empuxados por unha afección nada correcta nas formas (insultaron ata a bandeirola do corner esquerdo) fóronse o ataque e a pesares de recibir ó 0 a 1 os poucos minutos de comezar o encontro, e foron quen de gañar o partido por 3 goles a 2.

O equipo xogou a un moi bo nivel a pesares das notorias baixas, eran 11 xustos e remataron con dez por lesión de Martín, que tivo que retirarse lesionando nas postremeiras do encontro, e ten moi comprometido o concurso na ida da vindeira ronda.
PARABÉNS EQUIPO!!!





martes, 18 de mayo de 2010

PARTIDO SERIO

EDV 5 - CRUCES 1

Partido de control e dominio case que total, agás uns minutos de desorden propiciados por o gol do empate dos das Cruces, o partido tivo un so dono, e foi a EDV. Os de Alfonso non lle deron nin un so respiro os rivais e o resultado semella curto.

O sábado as 19:00 será a volta no campo Municipal do Camballón de Vila de Cruces.