sábado, 21 de agosto de 2010

XUVENIS EN SILLEDA

Hoxe practicamente o 100% dos cadetes defendera os xuvenís nun amigable en Silleda. Sorte.

sábado, 14 de agosto de 2010

SUPERADO O TEST CON NOTA

EDV 2 - COXO 2


Encontro moi disputado con resultado de empate a dous goles.

Os de Alfonso xogaron a un fútbol de bo nivel, a pesares de ser o primeiro partido que xogan xuntos varios dos compoñentes, e con moitas ausencias.

De seguir progresando así, serán referencia de seguro nesta LIGA 2010-2011.



viernes, 13 de agosto de 2010

SEGUE O TRABALLO...

No día en que en Lalín DEPOR e PONTEVEDRA, disputaron un emocionante encontro no que ó grande sufriu para remontar. No Coto segue o traballo.


miércoles, 11 de agosto de 2010

COMENZAN OS AMIGABLES


Este vindeiro sábado os cadetes mediranse cos do Conxo de División de Honra. Sen dúbida o rival de entidade para ver o estado xeral do equipo.

Adestramento moi entretido de moito balón, no que se lles viron boas maneiras os chavales que veñen dos Infantís

jueves, 5 de agosto de 2010

INTENSO...


Así foi o traballo de hoxe intenso e moi competitivo...

Na foto vemos a cinco das novas incorporacións os cadetes.

MOITO BALON...


Este adestramento foi con moito balón, sin deixar o físico...

miércoles, 4 de agosto de 2010

SOMOS REFERENTE...



A Escola Deportiva Val do Ulla, segue a ser referente, cada ano se nos van xogadores para outros clubs, como foi o caso de Freiría e Puyol, que se foron para o Pontevedra e agora e Pablo que se nos vai para os veciños da EF. Lalín, como vemos na foto xa adestra cos seus novos compañeiros, dende a que sempre será a súa casa desexámoslle a mellor das sortes, que sen dubida a merece.

PRIMEIRAS CARREIRAS...



...Un primeiro adestramento suave para facer boca, balón carreira e aparatos. A maquina ponse en funcionamento.