martes, 26 de octubre de 2010

UN ANO MAIS...

...Temos que felicitar a un dos nosos, nesta ocasión e Martín Rey "PIRU". Ven de ser convocado polo seleccionador de Santiago para participar coa sub 15
ADESTRAMENTOS SELECCIÓNS DE SANTIAGO
SELECCIÓN SUB-15 LUNS 08/11/10 ÁS 17.00
O obxecto de participar na Selección de Santiago un adestramento de preparación, convocase ós xogadores, que se relacionan a continuación, e, que deberán persoarse no Campo de AS CANCELAS (HERBA ARTIFICIAL), sito en Santiago de Compostela, provistos do material deportivo, botas de goma con tacos de 1 cm. ou zapatillas para herba artificial, toalla, e útiles de aseo.
E.D. VAL DO ULLA - PIRU

lunes, 25 de octubre de 2010

DE CINE...

SD ORDES 1 - EDV 2

Os de Alfonso veñen de xogar un encontro do mais intenso e emocionante, no plano deportivo estiveron a un gra nivel os dous equipos. O mellor o Val do Ulla , por xogo e por ocasións e o final o marcador así o reflite, pero os de Ordes tentárono ate o ultimo minuto no que marcaron o seu gol.
So un pequeno detalle de "Cine" ensombrece este emocionante encontro, o nº 8 do Ordes simula unha agresión e o arbitro pica e expulsa o xogador do Val do Ulla inxustamente, quizás un cartón amarelo para cada un seria o xusto.

miércoles, 20 de octubre de 2010

ORDES vs EDV CADETES

Na liga do ano pasado sufrimos neste campo unha das derrotas mais amargas da tempada, non polo feito de perder contra duns rapaces fenomenais e compañeiros dos nosos nas seleccións de Santiago, senón polo baño de fútbol que nos meteron e todo hai que dicilo para o que non estabamos preparados, sobre todo os afeccionados e seguidores deste equipo, que perde coma calquera pero sempre dando todo.
Agardemos que neste non nos aconteza o mesmo. FORZA ULLA!!!

domingo, 17 de octubre de 2010

SIN SOBRESALTOS...

ATL. FATIMA 0 - EDV 7


Un partido sen sobresaltos con un At. Faima voluntarioso pero moi inocente, os de Alfonso tiveron un control total do xogo, sen mais.

lunes, 11 de octubre de 2010

PIRULAZO!!!

EDV 1 - ABANQUEIRO 0


Pódese dicir que a sorte que nos faltou en Oroso a tivemos o sábado. O partido decidiuno un golazo de Martín "PIRU" que despois de unha longa xogada de toque, recibe unha parede a uns 30 metros da porta e chuta acadando o único tanto do encontro. Os de Abanqueiro na segunda metade viñéronse arriba, e o equipo tivo que bregar duro para conter os arreóns.

Sen ningún xénero de dúbida o mellor chegou o remate...

viernes, 8 de octubre de 2010

EDV - ABANQUEIRO

Sábado as 12 no Coto os Cadetes reciben o Abanqueiro, e antes as 10 os Infantís ó Bertamiráns.


O remate do encontro dos cadetes que non se marche ninguén.

domingo, 3 de octubre de 2010

DERROTA INCONTESTABLE

X. DE OROSO 3 - EDV 2

Contra todo e contra todos, perdemos de xeito incontestable... os que estivestes no partido xa ó vistes e os que non maxinádelo, mal a.....o, mal t...o, pésimo c...o. De parte do publico mellor calar