


FÚTBOL DE TOQUE, LONGAS POSESIÓNS E RECUPERACIÓNS METEÓRICAS NON FORON SUFICIENTES PARA TRAER OS TRES PUNTOS.
A falta de competición e un par de erros defensivos, deron o traste cunha primeira metade que facía pensar en goleada, cun contundente 0 á 2 a favor fomos o vestiario, pero en dúas xogadas desafortunadas na liña defensiva, deron un excesivo premio os locais o acadar un empate a 3 goles a todas luces inmerecido.
AGARDAR CORRIXIR ESTES PEQUENOS DESAXUSTES, E DE SEGURO QUE POR XOGO, AS VITORIAS NON HAN TARDAR EN CHEGAR
Dicir que destaca o fenomenal estado de forma no que se atopa TIN, que tivo que ser susutituído por lesión apenas se gastara un cuarto de hora, importante tamén a participación das novas incorporacións PIQUÉ (Edgar) e ROBIN. Destacar tamén o pundonor de CRIS, coma sempre tan activo e voluntarioso. Así coma JUANIN polas duas asistencias de gol, un CRACK.
Mandamos ánimos de parte do plantel e do corpo técnico os lesionados PERNAS é KIKE, que se están a recuperar favorablemente das súas fracturas en sendos dedos de pé e man.