domingo, 7 de febrero de 2010

MALA SORTE

EDV 2 - BOIRO 3

Mala sorte a que tivemos este Domingo, logo de remontar e igualar un 0 à 2, Jordan estrela dous balóns contra o porteiro nun arrebato de mala sorte, e de seguido marcan o 2 à 3 definitivo nos derradeiros minutos, sen marxe de manobra.


Este partido non foi fácil, de inicio as baixas por diferentes cuestións debilitaban a priori o equipo, pero este conxunto medrase ante as dificultades, e pódese dicir que a pesar do resultado "algo enganoso" foi un dos mellores encontros dos disputados este ano no Coto. Un once moi mozo con moitos infantís, un equipo de futuro que o deu todo acadando un empate moi merecido, que non se traduciu en vitoria por un exceso de mala sorte. O equipo estivo moi ben en tódalas liñas, iniciando o xogo dende atrás e tratando de manter o carácter dos CADETES. So queda felicitar o Boiro por xogar e deixar xogar.

lunes, 1 de febrero de 2010

DIA MALO!!!

ORDES 5 - EDV 1

Un mal dia din que o teñen ata os profesionais. Podemos dicir que non foi un dos mellores partidos dos cadetes da EDV, pero ten que quedar en anécdota, xa que a vindeira semana a liga continua, e hai que erguer os ánimos e encarar de fronte as adversidades.

En canto o partido comentar que tivo dúas fases ben distintas, aínda que nunca lle perderon a cara o encontro pesaron en demasía os dous goles encaixados nos primeiros minutos. Cos cambios o equipo foi moito mais equilibrado, e seguindo fieis o estilo dos cadetes tentaron de facer o seu fútbol. Hai que felicitar os do Ordes que o cortes non quita o valente, nora boa chavales.

domingo, 24 de enero de 2010

BO PARTIDO

EDV 4 - ATLETICO OLEIROS 0

Sen dubida nada que ver co encontro da primeira volta en Oleiros, o xogo despregado polos de Alfonso non deu opcións a un rival de menor entidade física e técnica, foron 4 e mereceron como mínimo 8, por ocasións claras que se fallaron so por falta de acerto nos remates.
Estupendo o traballo de todo o equipo. En xeral todos estiveron moi acertados, destacando a progresión de RAFA, así coma as boas sensacións de "MARTÍN REY", un mediocampista a seguir.
Foi dia de despedida, ALVARO FREIRIA o mellor porteiro da categoría deixa a escola para seguir un novo camiño no PONTEVEDRA. Recibiu o agarimo de tódolos presentes e os mellores desexos nesa nova empresa. Esta sempre será a súa casa e sempre será ven recibido. MOITA SORTE.

domingo, 17 de enero de 2010

JORDAN X2

VILLESTRO 2 - EDV 2

Dóbrete de JORDAN, que se atopou de novo co gol, magoa que so valeu un punto.

Terreo de xogo en condicións como mínimo moi mellorables, a practica do fútbol era...

Deixando de lado o campo dicir que o encontro tivo dúas fases e tres protagonistas, (os dous conxuntos e o señor colexiado). O primeiro tempo fomos un pouco a remolque, pesounos o gol recibido nos primeiros minutos logo dun control coa man do dianteiro do Villestro que o arbitro foi o único que non o veu, o equipo custoulle adaptarse a un fútbol pouco practicado por eles. Na segunda metade todo mudou fomos quen de ter o balón e de facer posesións "longas", non tardamos en empatar e faltando pouco para o remate puxémonos por diante no marcador, o gol do empate final chegou dunha xogada de fortuna no tempo de desconto.

domingo, 10 de enero de 2010

DOBRETE...

EDV 2 - CACHEIRAS 1


Dobrete dun CRACK, como e o noso Cristian. Fixo o primeiro convertendo un penalti, e o segundo de autentico cazador, logo dunha parede entra no area e remata a gol.

O encontro foi moi duro e trabado, os de Cacheiras viñeron o Coto coa lección estudada, non en vano, o seu adestrador veu espiar os nosos nos últimos partidos. Sabedores de como lle gusta xogar o equipo, tentaron de afogarnos na saída obrigándonos a xogar longo, pero a hora de loitar e bregar a estes chavales non lles caen os aneis. Remontaron ó 0 a 1 e fixéronse co xogo, nin a presión que lle meteron o arbitro os do Cacheiras nin a súa forza e altura puideron con este EQUIPO.





domingo, 3 de enero de 2010

AGASAIO DE REIS ANTICIPADO


EDV 1 - CALO 0


Na tarde de onte JORGE FURELOS, deleitou a poboada grada cun fenomenal gol, de verdadeiro cazador de area, logo de superar a tres defensores con un recorte senta o porteiro, e remata co sangue frío de un profesional.


O partido foi un tanto atípico, as baixas eran de notable consideración, e Alfonso tivo que facer unha aliñación de circunstancias, o que os chavales responderon con eficacia e oficio. Tivemos control da pelota con certa solvencia case que toda a primeira metade, no segundo tempo lograron conter o arreón inicial dos de Calo, que foise vindo a menos, e tivemos ocasións coma para sentenciar.

martes, 29 de diciembre de 2009

ADESTRAMENTOS

Retorno os adestramentos para despedir o 2009, ano de ÉXITOS para esta humilde escola deportiva.

Día 30 as 19:00 no Coto, é día 31 en horario matinal.

lunes, 21 de diciembre de 2009

FRIOS

SD COMPOSTELA 3 - EDV 0
Frios quedamos o ver o campo de As Cancelas a -4ºC cuverto por unha capa de xeo.

O partido foi de duas caras, os de Alfonso puxeron o futbol e os da SD os goles. Nada que reprochar os chavales, que deron todo o que tiñan no campo, pero a pelota non quixo entrar na meta do Compostela.

Agardar que o paron do Nadal lles carque as pilas, ata o retorno so queda desexar a todos un "BO NADAL E VENTUREIRO 2010"



jueves, 17 de diciembre de 2009

domingo, 13 de diciembre de 2009

ENORMES...

EDV 0 - LA SALLE 2

...Así estiveron os chavales da EDV. este sábado diante do mellor da categoría sen ningún xénero de dubida.

Aínda que saíron derrotados, os de Alfonso sempre deron a cara. Xogaron o FÚTBOL sempre con criterio e sabendo do potencial dos rivais.

A estes chavales so cabe felicitalos, por deleitarnos con estes partidazos. Animo a tódolos que ledes este blog a que como agasallo de Nadal para eles, lles fagades chegar en forma de comentario, eses pensamentos que de seguro que lelos a de darlles un plus de animo.

lunes, 7 de diciembre de 2009

SUSPENDIDO...

...O partido que nos enfrontaba o SILLEDA CF. ven de ser suspendido polo colexiado, a causa dunha fenomenal tromba de auga, cando se percorría polo minuto 18 da segunda metade é o marcador sinalaba un 0 a 1 en favor dos de Silleda.

O partido foise complicando minuto a minuto xa que o drenaxe do campo non era quen de evacuar tanta auga, agora so queda fixar data para xogar o restante.