Encontro moi disputado con resultado de empate a dous goles. Os de Alfonso xogaron a un fútbol de bo nivel, a pesares de ser o primeiro partido que xogan xuntos varios dos compoñentes, e con moitas ausencias. De seguir progresando así, serán referencia de seguro nesta LIGA 2010-2011.
A Escola Deportiva Val do Ulla, segue a ser referente, cada ano se nos van xogadores para outros clubs, como foi o caso de Freiría e Puyol, que se foron para o Pontevedra e agora e Pablo que se nos vai para os veciños da EF. Lalín, como vemos na foto xa adestra cos seus novos compañeiros, dende a que sempre será a súa casa desexámoslle a mellor das sortes, que sen dubida a merece.