miércoles, 20 de octubre de 2010

ORDES vs EDV CADETES

Na liga do ano pasado sufrimos neste campo unha das derrotas mais amargas da tempada, non polo feito de perder contra duns rapaces fenomenais e compañeiros dos nosos nas seleccións de Santiago, senón polo baño de fútbol que nos meteron e todo hai que dicilo para o que non estabamos preparados, sobre todo os afeccionados e seguidores deste equipo, que perde coma calquera pero sempre dando todo.
Agardemos que neste non nos aconteza o mesmo. FORZA ULLA!!!

domingo, 17 de octubre de 2010

SIN SOBRESALTOS...

ATL. FATIMA 0 - EDV 7


Un partido sen sobresaltos con un At. Faima voluntarioso pero moi inocente, os de Alfonso tiveron un control total do xogo, sen mais.

lunes, 11 de octubre de 2010

PIRULAZO!!!

EDV 1 - ABANQUEIRO 0


Pódese dicir que a sorte que nos faltou en Oroso a tivemos o sábado. O partido decidiuno un golazo de Martín "PIRU" que despois de unha longa xogada de toque, recibe unha parede a uns 30 metros da porta e chuta acadando o único tanto do encontro. Os de Abanqueiro na segunda metade viñéronse arriba, e o equipo tivo que bregar duro para conter os arreóns.

Sen ningún xénero de dúbida o mellor chegou o remate...

viernes, 8 de octubre de 2010

EDV - ABANQUEIRO

Sábado as 12 no Coto os Cadetes reciben o Abanqueiro, e antes as 10 os Infantís ó Bertamiráns.


O remate do encontro dos cadetes que non se marche ninguén.

domingo, 3 de octubre de 2010

DERROTA INCONTESTABLE

X. DE OROSO 3 - EDV 2

Contra todo e contra todos, perdemos de xeito incontestable... os que estivestes no partido xa ó vistes e os que non maxinádelo, mal a.....o, mal t...o, pésimo c...o. De parte do publico mellor calar

miércoles, 29 de septiembre de 2010

sábado, 25 de septiembre de 2010

QUE EQUIPO!!!


EDV 5 - 0 CD UNION

Fenomenal partido, o disputado polos de Alfonso. Serios en defensa e centro do campo en con algo de falta de acerto en ataque, pero o mais importante e que, fieis o estilo dos cadetes venceron e convenceron.

Cinco goles de fermosa factura, marcaron: Martín (Souto), Martín Rey (Piru), Cristian, Jordan e Diego.


miércoles, 22 de septiembre de 2010

COMEZA O ESPECTÁCULO!!!




E.D. VAL DO ULLA –UNION 25/09/10 AS 12.00 NO COTO






O destino e caprichoso, primeiro enfrontamento con un dos rivais mais fortes do ano pasado, perdemos co tempo cumplido de dubidoso penalti, sen dubida un comezo de liga forte que porá a proba os de Afonso.

martes, 14 de septiembre de 2010