martes, 22 de marzo de 2011

lunes, 21 de marzo de 2011

UM PASO MAIS

EDV 4 - BERTAMIRANS 0
Un paso mais cara o ultimo é definitivo asalto a liga, o equipo esta con confianza en si mesmo e iso vese no xogo. Un xogo alegre vistoso sen erros con serenidade en defensa, non en vano os números da segunda volta son reveladores, 24 de 27 posibles, 6 goles en contra 27 a favor seriamos segundos en favor dós de Oroso que levarían 25. O Domingo agárdanos outro dos grandes, en tamaño e en xogo.
En canto o partido de hoxe pouco que contar, JORDAN con outros dous goles, é a reaparicións de CRIS con outros tantos, deron brillo a un dia espléndido de sol e calorciño. O equipo como xa dixen esta con confianza e iso provoca o non cometer erros.

domingo, 13 de marzo de 2011

GOLPE DE EFECTO

PELETEIRO 0 - EDV 1
Sen dubida foi un golpe de efecto gañar os de Santiago no seu feudo, puxémonos a tan so tres puntos do 3º posto, e o mais importante e que a so sete partidos para rematar a liga xa estamos a 9 puntos do 6º, que seria o que pon en liza a ultima praza de promoción a Liga Galega.

Con respecto o encontro de hoxe so dicir que tivo un claro dominador, e foi o EDV. Os de Alfonso xogaron a un fútbol de gran nivel non en vano enfronte tiñan o primeiro clasificado, pero unha gran defensa e u centro do campo intratables desactivaron a un Peleteiro que sen balón estivo a mercé dos da Ulla. A guinda púxolla OSKAR PARADA, con un golazo dende o pico esquerdo da area grande, con un remate de cine que se colou por toda a escuadra, dos mellores goles da liga
.

lunes, 7 de marzo de 2011

GOOOOOOOL!!!

EDV 7 - SILLED 0
Partido moi pouco equilibrado o disputado este sabado no Coto. Sete goles lle endosaron a un moi frouxo Silleda.

lunes, 28 de febrero de 2011

GRANDE!!!

NEGREIRA 1 - EDV 3
Dous goles de JORDAN, na primeira metade acaban cas aspiracións de un Negreira pouco incisivo no dia de hoxe, completa o marcador JUANIN, no minuto 8 da reanudación.
O partido foi un monologo dos da ULLA, con unha defensa impresionante e un centro do campo que desbaratou tódalas aspiracións dos de Negreira, estiveron especialmente acertados NEIRA e SOTO, que o cortaron todo, no golazo do Negreira nada puido facer FURE. PARABÉNS A TODOS CHAVALES!!!

domingo, 20 de febrero de 2011

INTENSO...

EDV 3 - ORDES 2
...Como non podía ser doutra maneira, os de Alfonso dérono todo este sábado para gañar este partido. O Ordes fixo un gran partido con un fútbol moi traballado, sen dubida teñen un gran mestre, pero para contrarrestar os do Val do Ulla non foi suficiente.
O partido púxose moi pronto de cara co gol nº 22 de JORDAN, pero non foi ata o minuto 36 da segunda metade cando CRISTIAN con un maxistral lanzamento de falta directa desfacía a igualada a 2 tantos, e sen tempo xa para mais os 3 puntos quedaron no Coto. Tamén marcou PIRU un golazo que foi o segundo.

lunes, 14 de febrero de 2011

SEN APUROS

EDV 2 - AT. FATIMA 0
Os do Val do Ulla pasaron sen apuros o tramite do Fátima, dous golazos de Parada puxeron a guinda a un partido pouco vistoso e un tanto aburrido, con unha posesión de un 80% ou mais os de Santiago non tiveron opción.

lunes, 7 de febrero de 2011

PARTIDAZO

ABANQUEIRO 0 - E DV 1
Emoción ate o final na Charca, os de Abanqueiro foron un dos equipos mais correosos e incómodos os que se enfrontaron os de Alfonso este ano, con moito oficio e físico a penas deron opcións, un so remate a porta na primeira metade e un par de balóns por fora, na segunda parte outra vez JORDAN, logo de unha longa xogada de ataque atopa a porta e marca o único gol do partido, que tornaría en interminable con toda a afociño visitante pedindo a hora tras un alargue de case 6 minutos.

domingo, 30 de enero de 2011

BO PARTIDO, MAL RESULTADO.

EDV 1 - X. DE OROSO 3
Que magoa de partido que a falta de acerto nos negou o gol. Sen dubida non foi o dia dos de Alfonso, en canto o gol, no que a fútbol os de Oroso puxeron moi pouco para tanto premio. Pero como non vale lamento hai que erguerse e seguir o domingo difícil desprazamento a Abanqueiro e o conto continua.

domingo, 23 de enero de 2011

INCOMPARECENCIA

UNION 0 - EDV 5
Un so equipo sobre o rectángulo de xogo, esta vitoria pódese cualificar de incomparecencia do rival. Anque os de Rianxo puxéronlle vontade, non foron quen de contrarestar o equipo do Val do Ulla, tan so discorría o minuto 3 cando JORDAN facía o primeiro dos dous que lle endosou os da UNIÓN, tamén marcaron SAMUEL que fixo o seu primeiro gol cos cadetes amen de, DAVID e PIRU.

Como se pode intuír o encontro foi un tramite onde tiveron minutos todos, e logo do fútbol rematamos no Restaurante OURENSE do mesmo Rianxo onde demos conta dun xantar de campiós, coma sempre que alí xantamos.

lunes, 17 de enero de 2011

BO PARTIDO

PORTO DO SON 1 - EDV 4
Gran fútbol o que disputaron os dous equipos en Porto do Son, con un día ventoso e chuvia fina, os de Alfonso non deron chance o rival, tan so no minuto 4 xa mandaban no marcador e catro foron os goles dos que 3 os fixo CRIS, JORDAN tamén marcou e xa van 18.

domingo, 9 de enero de 2011

EMPATE...

EDV 1 - CACHEIRAS 1




Partido moi igualado, o disputado este Domingo no Coto, unha contra no lanzamento dun córner propicia ó 0 a 1, que foi igualado do mesmo xeito nun córner en contra, saca Fure un balón en longo o pe de Jordan que a mata diante do porteiro, acadando así o empate final.

No día de hoxe estreamos unha nova fichaxe, un xogador procedente do Conxo, con un do debut, fixo na posición de central dereito. Sorte Alex.