martes, 24 de mayo de 2011

FASE FINAL

29 DE MAIO 4 DE XUÑO
DOMINGO, 29 DE MAIO

EDV - OLIMPICO DE RUTIS DOMINGO 29 AS 12:00 CAMPO DO COTO

NO CASO DE PASAR XOGARIASE CONTRA DO GAÑADOR DA ELIMINATORIA A DISPUTAR POLOS EQUIPOS ORILLAMAR S.D."B" - VIVEIRO C.F.

lunes, 23 de mayo de 2011

lunes, 16 de mayo de 2011

domingo, 15 de mayo de 2011

XA ESTAMOS EN 16º DA COPA

CARREIRA 3 - EDV 5

Sen demasiados problemas os de Alfonso dirixidos de xeito accidental por Tojo, superaron sen atrancos os de Carreira. O vindeiro domingo nova eliminatoria contra os de Cacheiras.

martes, 10 de mayo de 2011

NOVEDADES COPA DO SAR

COPA DO SAR, CATEGORÍA CADETE
No sorteo celebrado no seu día nesta Delegación de Fútbol, inclueuse por erro ó Club X. Aguiño, emparellado na primeira eliminatoria co Club Cacheiras. Vistas as alegacións presentadas en tempo e forma polo Club X.Aguiño

ACORDASE:
.- Deixar sin efecto dita eliminatoria, pasando a seguinte rolda o Club Cacheiras, que se celebrará o 22/05/11 contra o vencedor do encontro CARREIRA – E.D. VAL DO ULLA.
O que se fai público para xeral coñecemento.
----oOo----
HORARIO DO PARTIDO
CARREIRA – E.D. VAL DO ULLA 14/05/11 17.00 NO CAMPO DA GUIA

lunes, 9 de mayo de 2011

QUE GRANDES SON...

EDV 2 - PORTO DO SON 1
...Estes chavales, que tempada veñen de rematar, sen cualificativos me quedo para describir a este fenomenal conxunto, que con todas as dificultades que veñen arrastrando, son capaces de dar o mellor de si mesmos, para acadar un fin común. Que dicir do adestrador, do mesmo xeito que con eles non podo poñer un cualificativo só digo: ENORME!!! traballo, pundonor, paciencia, tolerancia, e sobre todo HUMANO.

POR TODO ISO NORABOA CHAVALES!!!

lunes, 2 de mayo de 2011

PENULTIMO ASALTO

CACHEIRAS 1 - EDV 3

Non hai tregua, a un so asalto de rematar un ano excelente, a cosecha do 2010-2011 será unha das mellores na Escola Deportiva, con INFANTÍS e CADETES en promoción de ascenso a GALEGA, so temos que lamentar que os XUVENÍS non puidesen ascender, senón seria un ano redondo.

Redondo foi para o noso "ARTILLEIRO" JORDAN que co gol de hoxe suma xa 31 e supera o reto que aceptou o inicio da tempada, que non era outro que se marcaba 30 goles lle fariamos unha homenaxe que se o tempo o permite será o Sábado, con unha comida con todos os seus compañeiros (que por esforzo e traballo o merecen, tanto coma él) o remate do encontro que pechara a liga fronte o Porto do Son.

viernes, 29 de abril de 2011

COPA DO SAR 2011



CARREIRA CF. -EDV 15 DE MAIO.

O Carreira terceiro na súa liga de segunda por detrás de Noia e Aguiño B, será un bonito debut na copa 2011

lunes, 18 de abril de 2011

UN MENOS...

EDV 3 -SR CALO 1
Pouco que contar, partido de tramite no que ocorreron tan poucas cousas que non hai nada que salientar.

domingo, 10 de abril de 2011

OBXETIVO ACADADO

BOIRO 1 - EDV 3
Este sábado o equipo acadou o primeiro dos obxectivos plantexados para este ano, que era quedar en posición que nos permitise xogar a fase de ascenso a Liga Galega. Con respecto ao partido dicir que foi un encontro con dúas fases, un campo grande de herba natural e un rival ben posicionado e con moito oficio no permitiron os de Alfonso recoller froito na primeira metade, pero todo mudou na segunda o equipo saíu o campo con outro aire e comezaron a chegar as ocasións, como ben sendo habitual JORDAN fixo o primeiro, MARTÍN ó segundo e completou o marcador SAMUEL.

sábado, 2 de abril de 2011

CONEXION SERGUDE

EDV 9 - AT OLEIROS 0
Sen apuros superaron os de Alfonso o At. Oleiros, Jordan con dúas asistencias de gol sentencia encontro no minuto 10 da primeira metade, ainda que hoxe non fose o sue mellor día.

O día hoxe foi dos mais novos, e por certo o equipo mellorou nun 100% cos cambios e con tres tantos PIRU e con outros tantos SAMU, fixeron da "conexión Sergude" un partido redondo, completaron a goleada DIEGO con un é CRIS con dous.

viernes, 1 de abril de 2011

ADVERTENCIA

O autor ou autores dos comentarios expostos no chat deste blog deben saber que: son susceptibles de poñer en coñecemento da XUSTIZA. O meu avogado estuda o poñer una denuncia por ameazas, inxurias e calumnias. Como temos as direccións IP A HORA E O LUGAR dos ordenadores dende os que se fixeron, estudaremos a posibilidade de poñelo en coñecemento do xulgado. A pena de todo isto e que sexa un MENOR sen control dos pais, é sexan estes últimos os que paguen a fechoria. Ata que se aclare este particular non estará dispoñible o chat, e para facer comentarios no blog, serán moderados polo administrador, sinto ter que tomar estas medidas, pero para salvagardar os XOGADORES E O CLUB, son necesarias.