martes, 29 de diciembre de 2009

ADESTRAMENTOS

Retorno os adestramentos para despedir o 2009, ano de ÉXITOS para esta humilde escola deportiva.

Día 30 as 19:00 no Coto, é día 31 en horario matinal.

lunes, 21 de diciembre de 2009

FRIOS

SD COMPOSTELA 3 - EDV 0
Frios quedamos o ver o campo de As Cancelas a -4ºC cuverto por unha capa de xeo.

O partido foi de duas caras, os de Alfonso puxeron o futbol e os da SD os goles. Nada que reprochar os chavales, que deron todo o que tiñan no campo, pero a pelota non quixo entrar na meta do Compostela.

Agardar que o paron do Nadal lles carque as pilas, ata o retorno so queda desexar a todos un "BO NADAL E VENTUREIRO 2010"



jueves, 17 de diciembre de 2009

domingo, 13 de diciembre de 2009

ENORMES...

EDV 0 - LA SALLE 2

...Así estiveron os chavales da EDV. este sábado diante do mellor da categoría sen ningún xénero de dubida.

Aínda que saíron derrotados, os de Alfonso sempre deron a cara. Xogaron o FÚTBOL sempre con criterio e sabendo do potencial dos rivais.

A estes chavales so cabe felicitalos, por deleitarnos con estes partidazos. Animo a tódolos que ledes este blog a que como agasallo de Nadal para eles, lles fagades chegar en forma de comentario, eses pensamentos que de seguro que lelos a de darlles un plus de animo.

lunes, 7 de diciembre de 2009

SUSPENDIDO...

...O partido que nos enfrontaba o SILLEDA CF. ven de ser suspendido polo colexiado, a causa dunha fenomenal tromba de auga, cando se percorría polo minuto 18 da segunda metade é o marcador sinalaba un 0 a 1 en favor dos de Silleda.

O partido foise complicando minuto a minuto xa que o drenaxe do campo non era quen de evacuar tanta auga, agora so queda fixar data para xogar o restante.

domingo, 22 de noviembre de 2009

GOLAZOOOOOO!!!

EDV 1 - UNION 0

Fenomenal resultado ante un rival difícil. Logo das circunstancias do encontro de hoxe, temos que resaltar a fenomenal participación de todo o equipo e resaltar o traballo de FURE que segue a medrar, e ven de facer un encontro moi equilibrado con paradas de moito mérito, así coma o fenomenal gol acadado por MARTÍN, que ademais de valer tres puntos foi de fermosa factura.

Fenomenal traballo dos chavales coma sempre.

Ánimos os lesionados que se recuperen axiña que os precisamos en forma, Saúdos.

domingo, 15 de noviembre de 2009

"CRACK-TTRICK"

A.D. Nicrariense 1 - EDV 3


Partido bonito por todas as circunstancias, tanto deportivas como as circunstanciais. Un dia de vendaval e chuvia forte, que no canto de engurrar os de Alfonso parece que lles infundiu pundonor e forza, un dia no que CRIS fixo un fenomenal Hattrick que nos deu a vitoria, parabéns a todo o equipo.



COMENTARIO DE JAVI:
Bueno visto o día que estaba, a miña aportación era fácil de adiviñar.
November rain - Guns 'n Rosesn RoseA calidad non é moi boa pero e que o outro estaba prohibido insertalo en blogs.


martes, 3 de noviembre de 2009

SELECCION DE SANTIAGO SUB 15

CONVOCADOS PARA ADESTRAR COA SELECCIÓN SUB-15 LUNS 09 ÁS 19.30: CRISTIAN, MARTÍN, PARADA, JORDAN.
Xusto premio o traballo duns grandes chavales, e dun fenomenal ADESTRADOR.
PARABÉNS OS CINCO!!!


lunes, 2 de noviembre de 2009

SIN COMENTARIOS

BODEGON ARZUA 0 - EDV 5


Cando xogas conta oito porque non ten mais o contrario que podes facer... Non ofendelos respectalos e sobre todo "fair play".



COLABORACION DE JAVI:
Non se me ocurría nada e como o partido tamén foi algo estraño decidín poñer esta canción ao azar.
A canción é simplemente un solo de guitarra de 6 minutos de na miña opinión o mellor guitarrista que existe que é Slash.





domingo, 25 de octubre de 2009

FUTBOL ESPECTACULO.


EDV 4 - ABANQUERO 1

De "CINE" este partido tivo momentos de verdadeiro espectáculo. Cando estes chavales poñen valor as ensinanzas que ALFONSO SANCHEZ lles adestra, parecen doutra liga. Para mostra as xogadas do primeiro gol con pase as costas da defensa, e gol en tres toques, ou o do cuarto, triangulación de banda a banda e centro con remate en plancha e golazao pola escuadra, como diría o malogrado Andrés Montes, "TIKI TAKA".


En canto o desenrolo do encontro, non foi un partido fácil como podía pensarse o ver o resultado final. Moito traballo en cento do campo e de contención, o Abanqueiro presionaba moi arriba na primeira metade e obrigou o equipo a sacar en largo, na segunda metade o partido mudou un pouco polo resultado e tivemos mais control de balón e dos tempos no xogo. Hai que destacar sen dubida a enorme entrega de KIKE, o pundonor de ROBIN e coma sempre a incansable labor de CRIS. Sen fallos destacables en defensa e con un gol so en contra en claro fora de xogo nunha desafortunada contra a saída dun corner. Jordan fixo o seu primeiro gol e a pares o igual que Robin que fixo o outro par.

PARA VER OS VIDEOS DO PARTIDO: PINCHA.
CORTESIA DE MANUEL REY (PERNAS)

martes, 20 de octubre de 2009

SABADO 24 DE OUTUBRO

O PARTIDO DA FIN DE SEMANA ADIANTASE O SABADO.
E.D. VAL DO ULLA – ABANQUEIRO 24/10/09 16.00 O COTO
E O VINDEIRO ENCONTRO SERA O DIA 1
BODEGON ARZUA – E.D. VAL DO ULLA 01/11/09 12.45 AS CANCELAS

domingo, 18 de octubre de 2009

EMPATE CON SABOR...


...Empate con sabor a vitoria. Os cadetes veñen de acadar un valioso punto nun campo difícil, con gran desgaste físico e sufrimento, un Boiro ben plantado en tódalas liñas puxo moi costa arriba o acadar algo positivo no día de hoxe, pero os chavales non se viñeron a baixo e con un bo segundo tempo foron quen de conseguir algo mais, se ben hai que dicilo os de Boiro tiveron a mellor das ocasións cun balón o pau.

Semella que as táboas foron xustas.