domingo, 27 de marzo de 2011
TIME OUT
X. AGUIÑO 3 - EDV 2
Rompeuse a racha eran xa 7 vitorias consecutivas e a oitava non podio ser. Os de Aguiño son de seguro os mellores da categoría por xogo e por físico, sen embargo hoxe non foron superiores os de Alfonso, pero erros puntuais deron o traste con esta boa racha, unha pedra no zapato sacala e segues pa diante coma se nada tivese pasado.
lunes, 21 de marzo de 2011
UM PASO MAIS
EDV 4 - BERTAMIRANS 0
Un paso mais cara o ultimo é definitivo asalto a liga, o equipo esta con confianza en si mesmo e iso vese no xogo. Un xogo alegre vistoso sen erros con serenidade en defensa, non en vano os números da segunda volta son reveladores, 24 de 27 posibles, 6 goles en contra 27 a favor seriamos segundos en favor dós de Oroso que levarían 25. O Domingo agárdanos outro dos grandes, en tamaño e en xogo.
domingo, 13 de marzo de 2011
GOLPE DE EFECTO
PELETEIRO 0 - EDV 1
Sen dubida foi un golpe de efecto gañar os de Santiago no seu feudo, puxémonos a tan so tres puntos do 3º posto, e o mais importante e que a so sete partidos para rematar a liga xa estamos a 9 puntos do 6º, que seria o que pon en liza a ultima praza de promoción a Liga Galega.
Con respecto o encontro de hoxe so dicir que tivo un claro dominador, e foi o EDV. Os de Alfonso xogaron a un fútbol de gran nivel non en vano enfronte tiñan o primeiro clasificado, pero unha gran defensa e u centro do campo intratables desactivaron a un Peleteiro que sen balón estivo a mercé dos da Ulla. A guinda púxolla OSKAR PARADA, con un golazo dende o pico esquerdo da area grande, con un remate de cine que se colou por toda a escuadra, dos mellores goles da liga
.
Con respecto o encontro de hoxe so dicir que tivo un claro dominador, e foi o EDV. Os de Alfonso xogaron a un fútbol de gran nivel non en vano enfronte tiñan o primeiro clasificado, pero unha gran defensa e u centro do campo intratables desactivaron a un Peleteiro que sen balón estivo a mercé dos da Ulla. A guinda púxolla OSKAR PARADA, con un golazo dende o pico esquerdo da area grande, con un remate de cine que se colou por toda a escuadra, dos mellores goles da liga
lunes, 7 de marzo de 2011
GOOOOOOOL!!!
lunes, 28 de febrero de 2011
GRANDE!!!
domingo, 20 de febrero de 2011
INTENSO...
EDV 3 - ORDES 2
...Como non podía ser doutra maneira, os de Alfonso dérono todo este sábado para gañar este partido. O Ordes fixo un gran partido con un fútbol moi traballado, sen dubida teñen un gran mestre, pero para contrarrestar os do Val do Ulla non foi suficiente.
O partido púxose moi pronto de cara co gol nº 22 de JORDAN, pero non foi ata o minuto 36 da segunda metade cando CRISTIAN con un maxistral lanzamento de falta directa desfacía a igualada a 2 tantos, e sen tempo xa para mais os 3 puntos quedaron no Coto. Tamén marcou PIRU un golazo que foi o segundo.

lunes, 14 de febrero de 2011
SEN APUROS
lunes, 7 de febrero de 2011
PARTIDAZO
ABANQUEIRO 0 - E DV 1
Emoción ate o final na Charca, os de Abanqueiro foron un dos equipos mais correosos e incómodos os que se enfrontaron os de Alfonso este ano, con moito oficio e físico a penas deron opcións, un so remate a porta na primeira metade e un par de balóns por fora, na segunda parte outra vez JORDAN, logo de unha longa xogada de ataque atopa a porta e marca o único gol do partido, que tornaría en interminable con toda a afociño visitante pedindo a hora tras un alargue de case 6 minutos.
Emoción ate o final na Charca, os de Abanqueiro foron un dos equipos mais correosos e incómodos os que se enfrontaron os de Alfonso este ano, con moito oficio e físico a penas deron opcións, un so remate a porta na primeira metade e un par de balóns por fora, na segunda parte outra vez JORDAN, logo de unha longa xogada de ataque atopa a porta e marca o único gol do partido, que tornaría en interminable con toda a afociño visitante pedindo a hora tras un alargue de case 6 minutos.domingo, 30 de enero de 2011
BO PARTIDO, MAL RESULTADO.
EDV 1 - X. DE OROSO 3
domingo, 23 de enero de 2011
INCOMPARECENCIA
UNION 0 - EDV 5
Un so equipo sobre o rectángulo de xogo, esta vitoria pódese cualificar de incomparecencia do rival. Anque os de Rianxo puxéronlle vontade, non foron quen de contrarestar o equipo do Val do Ulla, tan so discorría o minuto 3 cando JORDAN facía o primeiro dos dous que lle endosou os da UNIÓN, tamén marcaron SAMUEL que fixo o seu primeiro gol cos cadetes amen de, DAVID e PIRU.
Como se pode intuír o encontro foi un tramite onde tiveron minutos todos, e logo do fútbol rematamos no Restaurante OURENSE do mesmo Rianxo onde demos conta dun xantar de campiós, coma sempre que alí xantamos.
Un so equipo sobre o rectángulo de xogo, esta vitoria pódese cualificar de incomparecencia do rival. Anque os de Rianxo puxéronlle vontade, non foron quen de contrarestar o equipo do Val do Ulla, tan so discorría o minuto 3 cando JORDAN facía o primeiro dos dous que lle endosou os da UNIÓN, tamén marcaron SAMUEL que fixo o seu primeiro gol cos cadetes amen de, DAVID e PIRU.Como se pode intuír o encontro foi un tramite onde tiveron minutos todos, e logo do fútbol rematamos no Restaurante OURENSE do mesmo Rianxo onde demos conta dun xantar de campiós, coma sempre que alí xantamos.
lunes, 17 de enero de 2011
BO PARTIDO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

