Continua a progresión no estilo de xogo, pero seguimos a dar moitos agasallos o rival. Agardemos que esta situación sexa pasaxeira.
Polo que respecta o partido que nos enfrontou o Villestro, estivemos moi ben en xeral, tras encaixar un gol de estratexia nun corner nos primeiros minutos o equipo asentouse no campo e chegou a remontada, logo dunha fenomenal xogada pola banda dereita e remate de David Pernas, e o transformar Cris o penalti sufrido por Robin tras de un rápido contraataque por banda esquerda. Despois da reanudación chegou a xogada do agasallo nun desafortunado despexe de Furelos, que logo de pegar nas costas do dianteiro entra na porta para converterse no 2 á 2. O terceiro chegou de remate de cabeza nun corner botado por Parada e rematado por Martín, o empate definitivo chegaría de falta con fortuna.
Hai que resinar que non nos fixeron ningún gol de xogada, que sacando os primeiros minutos, tivemos control case total dos tempos e do xogo, destacar a hora do encontro 16:30 con 32º. Dicir que os lesionados incorporáronse o xogo con normalidade e moi bo rendemento. O vindeiro partido será en Oleiros de Ribeira.
6 comentarios:
HAY QUE SEGUIR XOGANDO ASÍ, PERO HAY QUE MELLORAR OS ERROS EN DEFENSA. VIVA O VAL DO ULLA
ANIMO E A SEGUIR MELLORANDO, SEN DUBIDA POR MOMNETOS PARECEDES UN EQUIPO DE OUTRA LIGA, AINDA QUE ESES ERROS PUNTUAIS LLE SAQUEN ALGO DE LUSTRE O RESULTADO, DESFRUTAMOS VENDO E ANIMANDO A ESTE GRAN GRUPO.
ANIMO, E A ENTRENAR CON INTENSIDADE.
SAUDOS.
seguimos xogando como nunca e empatando coma sempre.
¡ummmmmmm esto ten que cambiar!
Sacando os primeiros minutos e algún que outro erro (erros tamen téñenos os grandes equipos) o sábado vimos un partido de calidade, intensidade, bo xogo, isto vai a máis.
Igual que eu, creo que todos gozamos moito co voso xogo.
Animo rapaces, apartir de agora ídelos a gañar todos xogando centrados e con ese bo xogo que desarrollais.
A ver, bloggeiros, ai que animar mais a estos mozos, que vexan que teñen unha boa aficción detras deles.
E.D. Val do Ulla, mais que un equipo, PASIÓN POLO BO FUTBOL
Sodes os mellores do mundo.
SARA LOPEZ VAZQUEZ
Publicar un comentario