Mala sorte a que tivemos este Domingo, logo de remontar e igualar un 0 à 2, Jordan estrela dous balóns contra o porteiro nun arrebato de mala sorte, e de seguido marcan o 2 à 3 definitivo nos derradeiros minutos, sen marxe de manobra.
Este partido non foi fácil, de inicio as baixas por diferentes cuestións debilitaban a priori o equipo, pero este conxunto medrase ante as dificultades, e pódese dicir que a pesar do resultado "algo enganoso" foi un dos mellores encontros dos disputados este ano no Coto. Un once moi mozo con moitos infantís, un equipo de futuro que o deu todo acadando un empate moi merecido, que non se traduciu en vitoria por un exceso de mala sorte. O equipo estivo moi ben en tódalas liñas, iniciando o xogo dende atrás e tratando de manter o carácter dos CADETES. So queda felicitar o Boiro por xogar e deixar xogar.

2 comentarios:
xogamos ben pero perdemos, mala sorte!
Sinto dicilo, pero sei que entrades a ver o blog porque o contador suma, pero cada dia esta menos comentado,e mirade que hai temas.
Novo alumeado, chandals, clasificacion, etc etc.
Saudos.
Publicar un comentario