Este Domingo asistiremos o ultimo asalto desta liga 2009-2010 no campo do Calo. O mellor despois de asistir a unha primeira volta, de verdade impresionante, fixémonos ilusións de poder terminar en postos de promoción, pero se no primeiro partido nos din que iamos chegar a ultima xornada sen presión de ningún tipo, quen non firmaría?. Os chavales xogaron con "estilo propio" o que impón un gran adestrador como é Afonso Sanchez, e certo que se perderon partidos por circunstancias, pero... o certo e que para o vindeiro ano seremos mais fortes e algo mais "grandes" se cave. Ánimos e sorte o para o Domingo, que a vista dos últimos encontros algo de iso tamén compre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario