sábado, 27 de noviembre de 2010

TABOAS...

EDV 2 - X. AGUIÑO 2

...De momento, xa que se suspendeu por segunda vez no minuto 34 da segunda metade, polo que empate de momento.

O encontro foi de dúas velocidades a veteranía dos de Aguiño fíxose notar, na primeira metade a EDV controlou o xogo con certa solvencia, JORDAN fixo o seu gol nº 12 en dez xornadas, pero o arranque accidentado da segunda pola lesión do arbitro foi dos de Aguiño, remontaron e puxéronse por diante, pero cos cambios os de Afonso mudaron a cara do encontro fixéronse co xogo e produto dunha contra chegou o gol nun córner rematado por Martín. E cando discorría o minuto 34 o arbitro despois de expulsar o adestrador da EDV suspendeu o encontro a falta de 6 para o remate.

jueves, 25 de noviembre de 2010

EMPATE...

BERTAMIRANS 2 - EDV 2


GOLAZOOOO!!! de David "PERNAS" dende fora do area marca un golazo, complementa JORDAN acadando 0 segundo, que nos poñía en clara vantaxe. Pero os do Bertamirans foron quen coa inestimable axuda do arbitro de igualar a contenda.

domingo, 14 de noviembre de 2010

MOITO FUTBOL...

EDV 2 - M PELETEIRO 3



Os da EDV xogaron un gran partido con remontada incluída, pero a inxustiza do fútbol é así de desagradecida, nunha perda de balón no medio campo nace a xogada desgraciada do gol do empate. Nas postremeiras do partido, logo dos cambios e tras un desaxuste defensivo, o Peleteiro remachou o partido, sen que os da EDV puideran facer nada mais.



O home do partido sen dubida voltou a ser JORDAN, autor dos dous tantos e moi incisivo todo encontro con dous remates o pau, Cristian estrelou na cruceta un libre directo, e Piru dende fora da area grande estrela un remate no longueiro.

martes, 9 de noviembre de 2010

SELECCION SUB 15

O seleccionador segue a confiar nos nosos, nesta ocasión convoca a PIRU e tamén a JUANIN, outra das promesas da ESCOLA. Parabéns os dous.

domingo, 7 de noviembre de 2010

GOOOOOOLAZOS!!!

SILLEDA 0 - EDV 4



Un día mais, e xa se fai habitual, JORDAN sorpende a todos con dous golazos dos de verdade, dous remates dende os picos do area grande dereitiños a escuadra.

Do partido dicir que unha posesión abafante da pelota e un control total do xogo, levaron os chavales a unha vitoria sen contestación de ningún tipo, os do Silleda con mais corazón que fútbol, non foron quen de parar a maquinaria da EDV.

Sen dubida o home do dia foi JORDAN, con dous goles e un penalti transformado por Cristian.

lunes, 1 de noviembre de 2010

NADA A NADA

EDV 0 - NEGREIRA 0
Partido moi condicionado un dia mais polas malas condicións climatolóxicas. Os do Val do Ulla, non foron quen de materializar as poucas ocasións que tiveron, e os de Negreira topáronse con un inspiradísimo Furelos que o parou todo. Sen dubida o punto acadado, en gran medida, e mérito do noso porteiro.