Os da EDV xogaron un gran partido con remontada incluída, pero a inxustiza do fútbol é así de desagradecida, nunha perda de balón no medio campo nace a xogada desgraciada do gol do empate. Nas postremeiras do partido, logo dos cambios e tras un desaxuste defensivo, o Peleteiro remachou o partido, sen que os da EDV puideran facer nada mais.
O home do partido sen dubida voltou a ser JORDAN, autor dos dous tantos e moi incisivo todo encontro con dous remates o pau, Cristian estrelou na cruceta un libre directo, e Piru dende fora da area grande estrela un remate no longueiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario