miércoles, 29 de diciembre de 2010

lunes, 27 de diciembre de 2010


MARTES, MERCORES E XOVES AS 8 DA NOITE, ADESTRAMENTOS NO COTO. Retorno logo dos doces do Nadal, agardando que as notas fosen boas e os agasallos do Nadal mellores, a Lotería un ano mais esquivounos con maxistral regate... se a saúde acompaña.

domingo, 19 de diciembre de 2010

DE VACACIONS

SR CALO 0 - EDV 2


Parece que a cercania do NADAL e o dia tan xélido non chamaba a xogar o fútbol, os de Rivadulla e coma se lle dese magoa o rival, e empregaron a lei do mínimo esforzo, dous a cero e tramite cumprido. De todas formas son un grupo de chavales excelentes, con un "fenómeno" de director.

So queda desexar a todos un Bo Nadal e Ventureiro 2011.

sábado, 11 de diciembre de 2010

EMOCION...

EDV 4 - BOIRO 3

...e goles, 7 goles deles seis na segunda metade. Parece que este ano e o de Jordan, con dous goles e dúas faltas no area que o arbitro sancionou con penalti, estes transformados por un Parada que sen dubida progresa en tódolos aspectos.

En canto o partido, foi de mais a menos o equipo de Alfonso para estabilizarse nos últimos minutos da segunda metade. Nos primeiros 40 minutos co equipo algo condicionado polas baixas fixo un bo fútbol e púxose por diante no minuto 17, pero cos cambios e coa saída de Cristian o equipo sufriu un arreón dos de Boiro cunha sucesión de goles, que remata co cuarto dos da Ulla de penalti no desconto.

Destacar o gran oficio da defensa que lonxe de notar a baixa de Soto, soubo arrepoñerse con solvencia

lunes, 6 de diciembre de 2010

QUE DIA!!!


OLEIROS 2 - EDV 2

Menudo dia de vento e choiva, menos mal que o gran chaparrón caeu no final da primeira metade e púidose reanudar con uns minutos de retraso.

O de Oleiros xa se ven convertendo nun mundo coñecido, o campo por chamalo de algunha maneira, e pequeno, estreito, descuadrado e moi irregular... UN DESASTRE!!!. Non quero falar de certos acontecementos que tiveron lugar porque quero pensar que son anecdóticos, pero os que acompañan a seus fillos ou os xogadores, deben pensar que ata que teñan 18 anos son menores que os hai que tratar coma tal.

En cato o deportivo os de Rivadulla tiveron fases, o campo non se prestaba a ningún esquema tecnico-tactico, e os de oleiros en dúas accións puxéronse por diante, o dous a cero semellaba moi malo de igualar pero o descanso chegamos con un 2 a 1 que nos daba esperanza. A segunda metade con un menos por dobre cartón, e con OSKAR PARADA como capitán da nave, os de Alfonso fixéronse co control do partido, (sen xogar moito a pelota) e mediada a segunda metade empata o encontro con un gol de cazador de area JORDAN.

Quero recalcar o esforzo de todo o equipo que nunca deron por perdido o partido, pero quero destacar o GRANDÍSIMO esforzo de PARADA que deu unha lección os seus compañeiros de pundonor, valentía e humildade, fíxose dono absoluto do medio do campo e suplía con moita solvencia a falta dun compañeiro.