lunes, 6 de diciembre de 2010

QUE DIA!!!


OLEIROS 2 - EDV 2

Menudo dia de vento e choiva, menos mal que o gran chaparrón caeu no final da primeira metade e púidose reanudar con uns minutos de retraso.

O de Oleiros xa se ven convertendo nun mundo coñecido, o campo por chamalo de algunha maneira, e pequeno, estreito, descuadrado e moi irregular... UN DESASTRE!!!. Non quero falar de certos acontecementos que tiveron lugar porque quero pensar que son anecdóticos, pero os que acompañan a seus fillos ou os xogadores, deben pensar que ata que teñan 18 anos son menores que os hai que tratar coma tal.

En cato o deportivo os de Rivadulla tiveron fases, o campo non se prestaba a ningún esquema tecnico-tactico, e os de oleiros en dúas accións puxéronse por diante, o dous a cero semellaba moi malo de igualar pero o descanso chegamos con un 2 a 1 que nos daba esperanza. A segunda metade con un menos por dobre cartón, e con OSKAR PARADA como capitán da nave, os de Alfonso fixéronse co control do partido, (sen xogar moito a pelota) e mediada a segunda metade empata o encontro con un gol de cazador de area JORDAN.

Quero recalcar o esforzo de todo o equipo que nunca deron por perdido o partido, pero quero destacar o GRANDÍSIMO esforzo de PARADA que deu unha lección os seus compañeiros de pundonor, valentía e humildade, fíxose dono absoluto do medio do campo e suplía con moita solvencia a falta dun compañeiro.

1 comentario:

Manuel Rey dijo...

Todos o fan genial, en cada partido dan todo o mellor que poden.
Os resultados non estan a ser os mais alentadores, pero si seguides traballando en equipo todos xuntos, xa veredes que ides subir postos na clasificación, e poder xogar a fase de ascenso. Non ai que bloquearse, ai que divertirse xogando, e uns tirar polos outros. Todos formades un gran equipo.
E os pais temos que axudar desde fora, sempre con deportividade e educación.
Como Val do Ulla, ninguno