lunes, 26 de abril de 2010

CAPRICHOS DO FUTBOL...

SD. CALO 1 - EDV 0
...O fútbol e moi desagradecido cos que o practican de xeito elegante e fermoso, como é o caso dos CADETES da Escola de Fútbol Val do Ulla, non hai mais que ver os resultados tan desfavorables que estivo acadando o equipo na segunda volta, pero eles seguen a facer as cousas ben, con ESTILO PROPIO e sendo así non ganarán partidos pero a satisfacción de de ver xogar a este equipo de grandes rapaces, non no lo quita ninguén.
Sorte na copa que esta a piques de comezar.

viernes, 23 de abril de 2010

ULTIMO ROUND...


Este Domingo asistiremos o ultimo asalto desta liga 2009-2010 no campo do Calo. O mellor despois de asistir a unha primeira volta, de verdade impresionante, fixémonos ilusións de poder terminar en postos de promoción, pero se no primeiro partido nos din que iamos chegar a ultima xornada sen presión de ningún tipo, quen non firmaría?. Os chavales xogaron con "estilo propio" o que impón un gran adestrador como é Afonso Sanchez, e certo que se perderon partidos por circunstancias, pero... o certo e que para o vindeiro ano seremos mais fortes e algo mais "grandes" se cave. Ánimos e sorte o para o Domingo, que a vista dos últimos encontros algo de iso tamén compre.

lunes, 19 de abril de 2010

ENORMES!!!

EDV 2 - SD. COMPOSTELA 2

O titular de un diario deses sensacionalista diría: "NOVE CADETES DE 1º ANO E 3 INFANTÍS BAILAN A UN EQUIPO DE XUVENÍS" (por idade), pero coma sempre na casa do pobre "todo son penas" e un bo arbitro a priori fai unha mais que discutible arbitraxe. Permitindo o xogo duro e por momentos agresivo e insultante da SD. Compostela, e por contra castigando con dureza os reclamos e agarrons dos da EDV, que viron como os centrais da SD se empregaban a fondo para parar a un Jordan inmenso e tamén a Juanin.

Os de ALFONSO saíron echufados dende o primeiro minuto, non fixeron concesións, quixeron e tiveron a pelota, manexaron dentro das súas posibilidades a circulación da mesma, e sempre foron por diante no marcador. En resumo foi un gran partido con emoción e rabia na grada, e con bo fútbol por parte dos Cadetes no campo de xogo.

EDV 0 - SILLEDA 2

miércoles, 14 de abril de 2010

lunes, 12 de abril de 2010

domingo, 11 de abril de 2010

MOITO FUTBOL

LA SALLE 4 - EDV 0

A pesar do abultado do resultado este partido foi de moito fútbol por ambas partes. Os da EDV deron todo o que tiñan, e semella non ser suficiente para parar o potencial de un gran conxunto, como son estes do La Salle.

Este partido non contou coa dirección técnica de Alfonso por circunstancias persoais, que foi suplida co fenomenal traballo do director técnico Jorge Tojo, malia que non se referendou cun bo resultado.
Na foto podemos ver de novo en acción o felizmente retornado Martín Viqueira "TIN".

domingo, 28 de marzo de 2010

EMPATE, CON SABOR A POUCO.

SILLEDA 1 - EDV 1
Ver blog
Logo de ver o partido parece curto o pírrico empate a un gol.

Tras unha primeira metade de pouco fútbol con poucas ocasións en ambas metas, e encaixar un gol en propia de Martín propiciado por un rechazo imposible de atallar po Fure, chegou a segunda metade con fútbol do de sempre e xogando así non tardaron en empatar, (GOLAZO DE JORDAN) pero o capricho dos paus e a falta de sorte privaron o equipo de unha merecida vitoria
.

lunes, 15 de marzo de 2010

MANOS ARRIBA....!!!

UNION 2 - EDV 1

Cara de parvo, e a que se lle queda a todo un grupo cando ves que perdes un partido, no minuto cinco do desconto. A actuación arbitran cando menos foi moi discutible, coseu a tarxetas a un equipo que non fixo nin unha soa entrada, que non insultou nin o publico nin os rivais que se dirixiu o árbitro sempre con respeto e corrección.


En canto o partido dicir que non era fácil,a priori, un rival forte no plano físico. Os de Alfonso deron sempre a cara o fútbol, foron quen de poñerse por diante en combinación de Martín e Cristian, o equipo respondeu na liña de sempre intentando saír xogando e tendo o balón, pero dúas accións illadas deron unha vitoria cando menos inxusta a un rival, que non foi superior o Val do Ulla.

domingo, 7 de marzo de 2010

ENORMES!!!

EDV 0 - NICRARIENSE 1

Así estiveron os chavales este sábado no Coto. Fútbol de toque, fermosas xogadas e longas posesións, pero todo isto non foi suficiente para cambiar o resultado final.

Os de Negreira puxéronse por diante no primeiro minuto de xogo, en xogada a balón parado fan ó 0 a 1, imposible de remontar. Dous paus e un sen fin de remates... Seguimos pecando de equipo moi mozo, os rivais que nos estamos atopando no segundo tramo da liga estanos a superar no físico, non no técnico, pero iso ten que darnos valor o esforzo e sobre todo ilusión cara a próxima tempada.

miércoles, 3 de marzo de 2010

viernes, 26 de febrero de 2010

SUSPENSIÓN TOTAL DA XORNADA DO 27 DE FEBREIRO

Ante alerta vermella decretada para toda Galicia na xornada do sábado día 27 do presente mes a Federación Galega de Fútbol suspende toda clase de actividade deportiva programada para esa data.
Fonte: Federación Galega de Fútbol.
Mais información e www.112galicia.org

CONSELLOS Á POBOACIÓN ANTE O FENÓMENO METEOROLÓXICO ADVERSO PREVISTO PARA A FIN DE SEMANA EN GALICIA
A Xunta de Galicia informa dun episodio meteorolóxico adverso na
Comunidade para o día de mañá e a madrugada de domingo, deixando a
Galicia en alerta vermella por ventos extremos, polo que se recomenda:
- evitar os desprazamentos e as actividades no exterior
- no caso de desprazamentos inaprazables, extremar as precaucións
polo vento e posibles obstáculos nas vías. Se ten que abandonar o
coche, procure deixalo a resgardo do vento e ben inmobilizado e
sinalizado. Antes de viaxar, informarase do estado das estradas.
- non aproximarse á costa
- retirar ou asegurar os elementos que podan ser desprendidos polo
vento, así como portas e fiestras
- non aproximarse a zonas arboradas ou onde se podan desprender
obxectos, especialmente muros, edificacións ruinosas ou carteis
publicitarios
- estar preparados ante a posibilidade de cortes no subministro eléctrico
- utilizar o teléfono só en casos de urxencia para evitar a saturación das
liñas
- no caso de avarías ou cese no subministro eléctrico ou telefónico
poñerse en contacto co número de avarías da súa compañía
subministradora
- estar atentos aos medios de comunicación e seguir as indicacións das
autoridades