viernes, 30 de julio de 2010

COMENZAN OS ADESTRAMENTOS

O vindeiro martes dia 3 de agosto as 20:00 Horas no Coto, primeira convocatoria dos de Alfonso Sanchez.

jueves, 22 de julio de 2010

lunes, 7 de junio de 2010

BO PARTIDO... MAL RESULTADO

X. OROSO 4 - EDV 2
Nora boa chavales, un gran partido fonte a un enorme rival, sen dubida será un equipo a ter en conta na vindeira tempada.

lunes, 31 de mayo de 2010

IMPONSE O FUTBOL...

EDV 3 - X. OROSO 2


Fenomenal encontro o disputado polos de Alfonso este sábado no Coto. Remontaron un 0 a 2 con un fútbol de gran calidade, a verdade e que se comparaban cun rival forte vencedor da súa liga e con un enorme poderío físico, víronse obrigados a facer un gran desgaste para poder contrarestar o marcador en contra, pero estes chavales cando poñen en practica ese fútbol que coñecen, son moi efectivos e non precisan de moitas chegadas para facer gol. Tres fermosas chegadas o area precedidas de xogadas de toque remataron en tres dianas dúas de Jordan, e unha de Juan que cazou un fenomenal centro Javi logo de unha longa xogada de equipo.

domingo, 23 de mayo de 2010

TRAMITE CUMPLIDO

CRUCES 3 - EDV 2

Un partido que so parecía de tramite, complicouse coa devolución do mesmo, os das Cruces non o deron por perdida a eliminatoria, e empuxados por unha afección nada correcta nas formas (insultaron ata a bandeirola do corner esquerdo) fóronse o ataque e a pesares de recibir ó 0 a 1 os poucos minutos de comezar o encontro, e foron quen de gañar o partido por 3 goles a 2.

O equipo xogou a un moi bo nivel a pesares das notorias baixas, eran 11 xustos e remataron con dez por lesión de Martín, que tivo que retirarse lesionando nas postremeiras do encontro, e ten moi comprometido o concurso na ida da vindeira ronda.
PARABÉNS EQUIPO!!!





martes, 18 de mayo de 2010

PARTIDO SERIO

EDV 5 - CRUCES 1

Partido de control e dominio case que total, agás uns minutos de desorden propiciados por o gol do empate dos das Cruces, o partido tivo un so dono, e foi a EDV. Os de Alfonso non lle deron nin un so respiro os rivais e o resultado semella curto.

O sábado as 19:00 será a volta no campo Municipal do Camballón de Vila de Cruces.

lunes, 26 de abril de 2010

CAPRICHOS DO FUTBOL...

SD. CALO 1 - EDV 0
...O fútbol e moi desagradecido cos que o practican de xeito elegante e fermoso, como é o caso dos CADETES da Escola de Fútbol Val do Ulla, non hai mais que ver os resultados tan desfavorables que estivo acadando o equipo na segunda volta, pero eles seguen a facer as cousas ben, con ESTILO PROPIO e sendo así non ganarán partidos pero a satisfacción de de ver xogar a este equipo de grandes rapaces, non no lo quita ninguén.
Sorte na copa que esta a piques de comezar.

viernes, 23 de abril de 2010

ULTIMO ROUND...


Este Domingo asistiremos o ultimo asalto desta liga 2009-2010 no campo do Calo. O mellor despois de asistir a unha primeira volta, de verdade impresionante, fixémonos ilusións de poder terminar en postos de promoción, pero se no primeiro partido nos din que iamos chegar a ultima xornada sen presión de ningún tipo, quen non firmaría?. Os chavales xogaron con "estilo propio" o que impón un gran adestrador como é Afonso Sanchez, e certo que se perderon partidos por circunstancias, pero... o certo e que para o vindeiro ano seremos mais fortes e algo mais "grandes" se cave. Ánimos e sorte o para o Domingo, que a vista dos últimos encontros algo de iso tamén compre.

lunes, 19 de abril de 2010

ENORMES!!!

EDV 2 - SD. COMPOSTELA 2

O titular de un diario deses sensacionalista diría: "NOVE CADETES DE 1º ANO E 3 INFANTÍS BAILAN A UN EQUIPO DE XUVENÍS" (por idade), pero coma sempre na casa do pobre "todo son penas" e un bo arbitro a priori fai unha mais que discutible arbitraxe. Permitindo o xogo duro e por momentos agresivo e insultante da SD. Compostela, e por contra castigando con dureza os reclamos e agarrons dos da EDV, que viron como os centrais da SD se empregaban a fondo para parar a un Jordan inmenso e tamén a Juanin.

Os de ALFONSO saíron echufados dende o primeiro minuto, non fixeron concesións, quixeron e tiveron a pelota, manexaron dentro das súas posibilidades a circulación da mesma, e sempre foron por diante no marcador. En resumo foi un gran partido con emoción e rabia na grada, e con bo fútbol por parte dos Cadetes no campo de xogo.

EDV 0 - SILLEDA 2

miércoles, 14 de abril de 2010