domingo, 30 de enero de 2011
domingo, 23 de enero de 2011
INCOMPARECENCIA
Un so equipo sobre o rectángulo de xogo, esta vitoria pódese cualificar de incomparecencia do rival. Anque os de Rianxo puxéronlle vontade, non foron quen de contrarestar o equipo do Val do Ulla, tan so discorría o minuto 3 cando JORDAN facía o primeiro dos dous que lle endosou os da UNIÓN, tamén marcaron SAMUEL que fixo o seu primeiro gol cos cadetes amen de, DAVID e PIRU.Como se pode intuír o encontro foi un tramite onde tiveron minutos todos, e logo do fútbol rematamos no Restaurante OURENSE do mesmo Rianxo onde demos conta dun xantar de campiós, coma sempre que alí xantamos.
lunes, 17 de enero de 2011
BO PARTIDO
domingo, 9 de enero de 2011
EMPATE...
No día de hoxe estreamos unha nova fichaxe, un xogador procedente do Conxo, con un do debut, fixo na posición de central dereito. Sorte Alex.
lunes, 27 de diciembre de 2010
domingo, 19 de diciembre de 2010
DE VACACIONS
Parece que a cercania do NADAL e o dia tan xélido non chamaba a xogar o fútbol, os de Rivadulla e coma se lle dese magoa o rival, e empregaron a lei do mínimo esforzo, dous a cero e tramite cumprido. De todas formas son un grupo de chavales excelentes, con un "fenómeno" de director.
So queda desexar a todos un Bo Nadal e Ventureiro 2011.
sábado, 11 de diciembre de 2010
EMOCION...

En canto o partido, foi de mais a menos o equipo de Alfonso para estabilizarse nos últimos minutos da segunda metade. Nos primeiros 40 minutos co equipo algo condicionado polas baixas fixo un bo fútbol e púxose por diante no minuto 17, pero cos cambios e coa saída de Cristian o equipo sufriu un arreón dos de Boiro cunha sucesión de goles, que remata co cuarto dos da Ulla de penalti no desconto.
Destacar o gran oficio da defensa que lonxe de notar a baixa de Soto, soubo arrepoñerse con solvencia
miércoles, 8 de diciembre de 2010
lunes, 6 de diciembre de 2010
QUE DIA!!!
OLEIROS 2 - EDV 2
Menudo dia de vento e choiva, menos mal que o gran chaparrón caeu no final da primeira metade e púidose reanudar con uns minutos de retraso.
O de Oleiros xa se ven convertendo nun mundo coñecido, o campo por chamalo de algunha maneira, e pequeno, estreito, descuadrado e moi irregular... UN DESASTRE!!!. Non quero falar de certos acontecementos que tiveron lugar porque quero pensar que son anecdóticos, pero os que acompañan a seus fillos ou os xogadores, deben pensar que ata que teñan 18 anos son menores que os hai que tratar coma tal.
En cato o deportivo os de Rivadulla tiveron fases, o campo non se prestaba a ningún esquema tecnico-tactico, e os de oleiros en dúas accións puxéronse por diante, o dous a cero semellaba moi malo de igualar pero o descanso chegamos con un 2 a 1 que nos daba esperanza. A segunda metade con un menos por dobre cartón, e con OSKAR PARADA como capitán da nave, os de Alfonso fixéronse co control do partido, (sen xogar moito a pelota) e mediada a segunda metade empata o encontro con un gol de cazador de area JORDAN.
Quero recalcar o esforzo de todo o equipo que nunca deron por perdido o partido, pero quero destacar o GRANDÍSIMO esforzo de PARADA que deu unha lección os seus compañeiros de pundonor, valentía e humildade, fíxose dono absoluto do medio do campo e suplía con moita solvencia a falta dun compañeiro.
sábado, 27 de noviembre de 2010
TABOAS...
...De momento, xa que se suspendeu por segunda vez no minuto 34 da segunda metade, polo que empate de momento.
O encontro foi de dúas velocidades a veteranía dos de Aguiño fíxose notar, na primeira metade a EDV controlou o xogo con certa solvencia, JORDAN fixo o seu gol nº 12 en dez xornadas, pero o arranque accidentado da segunda pola lesión do arbitro foi dos de Aguiño, remontaron e puxéronse por diante, pero cos cambios os de Afonso mudaron a cara do encontro fixéronse co xogo e produto dunha contra chegou o gol nun córner rematado por Martín. E cando discorría o minuto 34 o arbitro despois de expulsar o adestrador da EDV suspendeu o encontro a falta de 6 para o remate.


